mapl foto

30/6/08

La sombra sostenida


2 comentarios:

Tinkampinho dijo...

Gracias por tu comentario.
Esta foto es muy buena, me encantan las fotos con instrumentos.
Te agrego a amigos.
Salu2 y suerte

Anónimo dijo...

por fin


na foto o compositor e pianista grego Othon Mataragas, o novo enfant terrible da escena musical alternativa. Empezou a tocar o piano con apenas catro anos e conseguiu crear un repertorio ecléctico cun toque moi persoal, que chamou a atención de artistas como Marc Almond, Bruce LaBruce ou David Tibet. E pola outra banda, Ernesto Tomasini, un cantante e actor italiano residente en Londres que brilla en diversos xéneros teatrais como a comedia, o canto ou o cabaré. Asemade, cedeu a súa voz en filmes de directores tan coñecidos como James Ivory, Kevin Spacey ou Ridley Scott. Ademais das súas calidades interpretativas, a voz de Ernesto é única: un poderoso falsete e un fascinante rexistro de catro oitavas e media, convérteno nun intérprete capaz de se atrever con calquera papel operístico. Xuntos fornan Othon & Tomasini, unha excéntrica parella que consegue seducir por igual a audiencias e críticos alí por onde pasa.

O orixinal e inclasificable repertorio de Othon, membro dos Current 93, e as súas virtuosas interpretacións ao piano canda á intensa voz de Tomasini atinxen tanto á escuridade coma ao máis grotesco. Música feiticeira, arte provocadora e teatralidade son as marcas da casa e serven para pechar cun toque de singularidade este programa de celebración.